O curriculo segundo Pepiño Blanco.

martes, 7 de abril de 2009

A "renovación" dos titulares dalgunhas das carteiras ministeriales deixounos casi como estábamos a máis de un. E digo case como estábamos, porque despois de leva-la alegría de saber que Maleni deixaba o Ministerio de Fomento (finalmente tivo que se marchar partía... xa que dobrá non ía ser, como ela xa dixo no seu día) invadiunos unha sensación de temor, preto da terror, ó que está por vir.

Nada máis e nada menos que Pepiño Blanco vaise poñer ó frente de tan trascendental ministerio: "arrepíaseme o corpo sómentes de pensalo". Basta con votar un ollo ó que é para Pepiño un bo curriculum no seguinte vídeo, para imaxinarnos o que será de nos con este home ó frente de tan trascendental carteira.

Dende a área de emprego da xunta local de NOVAS XERACIÓNS vos convidamos a non tomar nota de ningún dos consellos que Pepiño nos apunta, ó mesmo tempo que vos pedimos pregade ante a "Nosa Señora da Catenaria" para que este home non enrede inda máis a chegada do AVE á nosa cidade como ven seguro que fará, conseguindo que os mozos e mozas desta cidade vexan cada vez máis lonxe o futuro da cidade.


CONTINUARÁ....